Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Teoría e práctica das relacións públicas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Os alumnos deberán entregar en tempo e forma os traballos tutelados, que se desenvolverán preferentemente de forma grupal, aínda que excepcionalmente se admitirán traballos individuais de alumnos que non asistan con asidiudade e que, polo tanto, poidan perxudicar o desenvolvemento do proxecto no caso de formar parte dun grupo. 30
Probas de resposta curta Trátase dunha proba para avaliación das competencias adquiridas que inclúe preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 40
Observación sistemática Co obxecto de incentivar o traballo regular e continuo do alumno no desenvolvemento da materia, valorarase, mediante unha observación cuantificada, a asistencia e participación activa nas sesións que se dediquen a obradoiros e traballos de aula.
A puntuación total deste epígrafe (3 puntos) dividirase entre o número de sesións efectivas que se desenvolvan.
O alumno obterá a puntuación máxima para cada sesión cando asista a ésta de forma completa e con aproveitamento. Cando o alumno asista a unha sesión de forma incompleta (por chegar tarde ou abandonala antes de tempo) ou, a criterio do docente, non a aproveite suficientemente, obterá só unha parte da puntuación correspondente a dita sesión.
Cando un alumno non asista a unha ou varias destas sesións por causa xustificada e comprobable, terá opción de recuperar a puntuación correspondente.
Con esta finalidade, unha vez finalizadas tódalas prácticas o docente proporá un exercicio compensatorio por cada práctica desenvolta. Cada alumno con faltas xustificadas deberá resolver o exercicio ou exercicios que correspondan á data da súa ausencia e entregalos, xunto cunha copia do xustificante da ausencia, na data oficial do exame.
Non se admitirá ningún exercicio compensatorio que sexa entregado fóra de prazo ou que non estea acompañado do xustificante correspondente.
A xustificación das ausencias deberá vir determinada por un certificado laboral, un parte médico ou outro documento acreditativo pertinente.
Aconséllase aos alumnos que non poidan asistir a un elevado número de sesións (por motivos laborais, por estar cursando outras materias doutros cursos no mesmo horario, etc.) que contacten co docente para expoñer o seu caso nos primeiros días do curso.
Cando un alumno entregue en prazo un exercicio compensatorio recuperará na súa totalidade ou só en parte a puntuación correspondente á sesión perdida, en función da calidade do exercicio entregado.
As faltas de asistencia non xustificadas non serán recuperables.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONSIDERACIÓNS RELATIVAS AOS ALUMNOS NON ASISTENTES

A materia Teoría e práctica das relacións públicas está deseñada como unha materia presencial na que a asistencia ás sesións docentes, especialmente ás prácticas e seminarios, é fundamental para acadar as competencias establecidas nesta guía docente. Por este motivo, unha porcentaxe importante da avaliación está vencellada á asistencia e participación dos alumnos. Sen embargo, tendo en conta as diferentes circunstancias que poden motivar a ausencia total ou parcial dos alumnos ás diferentes sesións, calquera alumno non asistente ten a opción, dacordo cos mecanismos de avaliación expostos, de obter a puntuación máxima da materia e, polo tanto, de estar en igualdade de condicións que o resto dos alumnos para superala.

Sen embargo, débese ter en conta que estes mecanismos non eximen do cumprimento dos prazos establecidos. É dicir, tanto os exercicios compensatorios que se fagan para recuperar sesións prácticas como os traballos tutelados que se desenvolvan, aínda que sexa de xeito individual, deben ser entregados en tempo e forma, tanto polos alumnos asistentes como polos non asistentes. Débese ter en conta, a ese respecto, que esta guía docente estará publicada con anterioridade ao comezo do curso e que a plataforma FAITIC permite aos alumnos recibir información actualizada da materia e entregar exercicios aínda que non se asista.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

Para aprobar a materia o alumno deberá cumprir os dous requisitos que se mencionan a continuación:



-         
Obter un mínimo
de 1,5 puntos sobre 4 na proba de resposta curta.



-         
Obter unha puntuación mínima total de 5 puntos.



Non poderá
superar a materia ningún alumno que incumpla algún dos dous requisitos
mencionados.



No caso de
alumnos que non obteñan o mínimo esixido na proba de resposta curta, a materia estará
suspensa aínda que a puntuación total sexa maior a 5. Nese caso, a puntuación
que aparecerá na acta da primeira edición (primera oportunidade) da materia
será a puntuación da proba prorrateada
sobre 10 e ignorarase, a efectos de cualificación na acta, o resultado dos traballos  e da observación cuantificada.

No caso de que o
alumno non se presente ó exame, independentemente da nota que obteña
nos outros apartados, a cualificación que aparecerá na acta da primeira edición
será non presentado.




RECUPERACIÓN DA
MATERIA (2ª EDICIÓN)
 

Os
alumnos que non se presenten ao exame da primeira edición ou non superen a
materia, terán a opción de facelo na edición de recuperación (xullo). Os tres elementos avaliables neste caso serán os seguintes:

1.  Proba de resposta curta, valorada nun máximo de 4 puntos. O alumno deberá
obter como mínimo un 1,5 nesta proba para superar a materia. Os alumnos
que se presentaron á proba de resposta curta na primeira edición e obtiveron
unha puntuación mínima de 1.5 puntos sobre 4 poderán conservala se o
desexan.



2.  Traballos tutelados: os alumnos que non presentaron os traballos tutelados na primeira edición, así como os que desexen ter a opción de incrementar a nota neste apartado por teren a materia suspensa, poderán presentar outros traballos alternativos de semellantes características e similar valor. A temática destes traballos, que neste caso se desenvolverá só de xeito individual, será proposta polo docente no momento de facer públicas as cualificacións da primeira edición. Os traballos deberán ser entregado, como moi tarde, o día da celebración da proba de recuperación. No caso de o alumno presente traballos nas dúas edicións, a cualificación que se terá en conta será a segunda,independentemente de que sexa menor ou maior que a obtida na primeira.

 3.  En canto á cualificación obtida no apartado de observación sistemática, esta puntuación entenderase como un único bloque. O alumno poderá, se o desexa, conservar a nota obtida neste bloque. Os alumnos que desexen ter a opción de incrementar a nota neste apartado por teren a materia suspensa, poderán realizar unha serie de actividades alternativas propostas polo docente no momento de facer públicas as cualificacións da primeira edición e que deberán ser entregadas o día da celebración da proba de recuperación. No caso de o alumno obteña puntuación neste bloque nas dúas edicións, a cualificación que se terá en conta será a segunda, independentemente de que sexa menor ou maior que a obtida na primeira.

Para
superar a materia na segunda edición deberán cumprirse os mesmos requisitos que
na primeira: obter unha puntuación mínima de 1,5 puntos na proba de resposta curta e
sumar un mínimo de 5 puntos entre tódalas partes avaliadas.

Se
o alumno non supera a materia  na segunda edición deberá cursala
novamente, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en cuestión,
e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente
curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000