Sesión maxistral |
Exposición dos contidos da materia |
Presentacións/exposicións |
Exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto ou dun traballo (previa presentación escrita). |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Conferencias, faladoiros, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por relatores de prestixio, que permiten profundar ou complementar os contidos da materia. |
Traballos tutelados |
Os estudantes desenvolverán en grupo un ou varios traballos tutelados. Trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, etc. Dedicaranse varias sesións á presentación, seguemento e exposición oral dos proxectos. |