Guia docente 2012_13
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Dereito financeiro e tributario
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Outros 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final para a avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema, así como supostos prácticos. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 60
Probas de resposta curta 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1.- Alumnos que se sometan a avaliación continua: Na convocatoria ordinaria de xuño utilizarase un sistema de avaliación continua completado pola realización dunha proba final obxectiva. Na convocatoria de xullo dese ano e nas do curso seguinte, só se realizará a proba final obxectiva, conservándose as notas que se adquiriron no proceso de avaliación continua. Isto é, si o alumno non aprobase a materia na convocatoria de xuño, conservaráselle a nota do proceso de avaliación continua na convocatoria de xullo e nas do curso seguinte. Pero si non aproba a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, ou do seguinte, tería obrigatoriamente que someterse de novo ao proceso de avaliación continua e realizar a proba final obxectiva. Así mesmo, o alumno terá que ter, no sistema de avaliación continua un 3 sobre 10 , e un 3 sobre 10 nas probas finais obxectivas, para que se lle teña en conta a avaliación continua.

2.- Alumnos que NON se sometan a avaliación continua ou que queden excluídos de devandito sistema: a súa nota estará constituída exclusivamente polo 60% da cualificación obtida na proba final.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000