CONVOCATORIA ORDINARIA DO MES DE XULLO:
Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xuño, a nota obtida na avaliación continua
desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Porén, se non superase a materia nas
dúas citadas convocatorias deo curso académico, o/a alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación
continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.
SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL:
Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun examen final. Trátase
dunha proba escrita, de carácter teórico y de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100%
da nota final, esixindose para supera-la materia un 5.