Guia docente 2012_13
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Dirección e Xestión Pública
 Materias
  Ciencia política IV: Sistema político español e galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Rexerán os mesmos criterios de avaliación que na sesión maxistral Ata 15
Presentacións/exposicións Valorarase a capacidade de redacción de traballos e a súa presentación pública (individual ou en grupo), con criterios como a orixinalidade, o manexo de fontes, o establecemento de elementos relacionais con outros aspectos do programa e a capacidade de establecer comparacións con outros sistemas políticos Ata 30
Sesión maxistral Valoraranse a asistencia proactiva (penalizándose a negativa), a capacidade de atención e asimilación conceptual, a actitude persoal e a participación coherente no seguimento da programación Ata 15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Valorarase a capacidade de expresión escrita, a capacidade de síntese conceptual e a capacidade de relación entre ámbitos temáticos do programa Ata 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este modelo de avaliación e as súas metodoloxías serán aplicables para os estudantes que escollan a opción de presencialidade. Quen, xustificadamente, opte pola modalidade de semipresencialidade, avaliarase en función da proba de desenvolvemento e a realización de traballos fóra da aula e/ou de probas obxectivas efectuadas virtualmente a través da plataforma. Os casos particulares distintos destes dous supostos, deberán tratarse co profesor da materia para poder acomodar a avaliación ás necesidades do estudante.

Os criterios de avaliación serán idénticos para as dúas probas do curso

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000