Seminarios |
A participación individual en seminarios programados e/ou recomendados pola área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, considérase unha ferramenta necesaria para o afianzamento de conceptos e a análise crítica sobre as Administracións Públicas. |
2 |
Sesión maxistral |
A asistencia ás sesións teóricas supón a base sobre a cal se constrúe parte do coñecemento da materia.
A outra parte necesaria, implica a participación dos alumnos a través de preguntas ao titor. |
20 |
Informes/memorias de prácticas |
As prácticas que cada equipo de traballo foi desenvolvendo ao longo do cuadrimestre deberán ser obxecto de análise nun informe descritivo a través do cal se resuma cada unha das actividades expostas polo titor para cada módulo. |
1 |