Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Competencias de titulación
Código Descrición
A40 Habilidade para o uso adecuado de ferramentas tecnolóxicas, especialmente informáticas, nas diferentes fases do proceso audiovisual para que o alumnado se exprese a través de imaxes ou discursos audiovisuais coa calidade técnica imprescindible
A41 Habilidade para expoñer de forma adecuada os resultados dos traballos académicos de xeito oral ou por medios audiovisuais ou informáticos consonte os cánones das disciplinas da comunicación
A42 Capacidade para definir proxectos persoais de creación innovadora que poidan contribuír ao coñecemento ou desenvolvemento das linguaxes audiovisuais ou á súa interpretación
B3 Capacidade para asumir riscos: capacidade para asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos
B4 Toma de decisións: capacidade para acertar ao elixir en situacións de incerteza, asumindo responsabilidades
B5 Práctica sistemática de autoavaliación crítica de resultados: valoración da importancia de corrixir e axustar constantemente os erros cometidos nos procesos creativos ou organizativos
B6 Orde e método: habilidade para a organización e temporalización das tarefas, realizándoas de xeito ordenado adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000