Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Obradoiro de prácticas profesionais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Obradoiros 0
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

6.
A avaliación da materia
realizarase atendendo a tres criterios:

- Asistencia. A asistencia é obrigatoria para a
cualificación de calquera das actividades programadas. Naqueles casos nos que a
actividade teña unha duración igual ou inferior a unha hora, a asistencia será
o único criterio de valoración, outorgando 10 puntos ós asistentes a totalidade
da actividade e 0 ós non asistentes.

- Puntuación profesional. Naqueles casos nos que se
programen seminarios ou obradoiro de máis de unha hora de duración e requira a
presentación de traballos ou informes por parte dos alumnos/os, será o
profesional responsable do mesmo o que outorgue a puntuación desa actividade

- Puntuación académica. En casos excepcionais de
actividades que teñan máis de unha hora de duración pero non requiran de
presentación de traballos ou informes por parte do alumnado (conferencias), o
coordinador da materia pode solicitar a presentación de informes sobre a
actividade e puntuar en función dos mesmos

A cualificación final da materia será resultante da media
do total de seminarios ós que teña que asistir o alumno/a. Deste xeito a media
deberá incluír aquelas actividades ás que o alumno non asistira pero que formen
parte do total da programación da materia

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000