Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Videoxogos: Deseño e desenvolvemento
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
1. Coñecemento e aplicación das técnicas e procesos de produción e difusión de produtos interactivos e multimedia, nas súas diversas fases, desde o punto de vista da organización e xestión dos recursos técnicos, humanos e presupostarios necesarios
saber
A2
2. Ser capaz de identificar os recursos, elementos, métodos e procedementos usados na construción de obras multimedia
saber
A9
3. Capacidade para a utilización das técnicas e procesos na organización e creación nas diversas fases da construción da produción multimedia e materiais interactivos
saber
saber facer
A22
4. Capacidade para aplicar técnicas e procedementos da composición da imaxe á produción multimedia, a partir do coñecemento das leis clásicas e dos movementos estéticos e culturais da historia da imaxe mediante as novas tecnoloxías da información
saber
saber facer
A23
5. Capacidade para a identificación dos procesos e técnicas implicadas na dirección e xestión de empresas multimedia na súa estrutura industrial: produción, distribución e exhibición, así como interpretar datos estatísticos do mercado audiovisual
saber
A28
6. Capacidade para aplicar técnicas e procesos de creación e recursos técnicos ou humanos necesarios para o deseño de producións interactivas
saber
A31
7. Capacidade para realizar a ordenación técnica dos materiais sonoros e visuais conforme a unha idea utilizando as técnicas narrativas e tecnolóxicas necesarias para a elaboración, composición, acabado e masterización dun produto multimedia
saber
saber facer
A35
8. Capacidade para recrear o ambiente sonoro dunha produción multimedia atendendo á intención do texto e da narración mediante a utilización de banda sonora, efectos sonoros e soundtrack
saber
saber facer
A38
9. Habilidade para o uso adecuado de ferramentas tecnolóxicas, especialmente informáticas, nas diferentes fases do proceso de creación multimedia para que os alumnos exprésense coa calidade técnica imprescindible
saber
saber facer
A40
10. Capacidade para definir proxectos persoais de creación innovadora que poidan contribuír ao coñecemento ou desenvolvemento da linguaxe multimedia
saber
A42
11. Capacidade para incorporarse e adaptarse a un equipo audiovisual profesional, facendo compatibles e ata sinérgicos os seus propios intereses particulares e os do proxecto colectivo no que se incorporou
Saber estar / ser
A43
12. Capacidade para percibir críticamente a nova paisaxe visual e auditivo que ofrece o universo comunicativo que nos rodea
Saber estar / ser
A44
13 - Capacidade para asumir o liderado en proxectos que requiran recursos humanos e de calquera outra natureza, xestionandoos eficientemente, asumindo os principios da responsabilidade social
Saber estar / ser
A45
14. Orde e método: habilidade para a organización e temporalización das tarefas, realizándoas de maneira ordenada adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual
Saber estar / ser
B6
15 - Sensibilidade cara á importancia que ten a distribución da produción audiovisual en mercados nacionais e internacionais como medio de difusión, conservación e valorización da cultura galega
Saber estar / ser
B8
16. Outras Competencias transversales da titulación: Adaptación aos cambios empresariais, capacidade de traballar en equipo, de asumir riscos, de tomar decisións, de autocrítica e conciencia solidaria
Saber estar / ser
B1
B2
B3
B4
B5
B7
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000