Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Teoría e técnica do documental
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Defensa dos proxectos e presentacións dos traballos teóricos realizados na asignatura 10
Traballos tutelados Traballo de investigación teórico sobre un aspecto do cine documental que deberá ser fixado entre o profesor e o alumno previamente 10
Proxectos Traballo desenvolvido durante o curso que consiste na realización dunha peza documental 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito da materia na data correspondente. Onde o alumno terá que analizar un fragmento dunha obra documental e relaciona-la cos contidos vistos na clase ou no desenvolvemento dun tema. 40
Cartafol/dossier Presentación dunha memoria de proxecto documental que deberá incluír os documentos típicos dunha produción audiovisual 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A materia  impartese en réxime presencial, polo tanto, é OBLIGATORIA a asistencia ás clases, tanto teóricas como prácticas. Ao longo do curso realizaráse un control de asistencia.


Para superar a materia é necesario ter aprobadas todas as partes, isto é: a parte teórica, a práctica e superar o control de asistencia.

En caso de suspender a parte práctica na convocatoria de xuño, os alumnos terán que realizar unha serie de traballos prácticos pactados co profesor co obxectivo de superar a materia.

En caso de suspender a parte teórica na convocatoria de xuño, os alumnos deberán superar un exame teórico na segunda convocatoria.

Aqueles alumnos que non superen o control de asistencia deberán presentar un traballo compensatorio pactado previamente co docente.

En caso de non superar a materia na segunda convocatoria o alumno terá que volver a cursar a materia adaptándose á guía docente do curso no que se matricule.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000