Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Teoría e técnica do documental
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumno ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo
Traballos tutelados O estudante, mediante a procura e recolleita de información, lectura e manexo de bibliografía terá que redactar un traballo teórico achega dalgún dos temas da produción de documental vistos no aula e pactado previamente co docente.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Proxectos O proxecto consistirá en realizar unha peza documental non superior a dez minutos. Os alumnos, desta forma, poderanse achegar de forma práctica ao obxecto de estudo desta materia
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000