Na Primeira están pasando Barça-RealMadrid, no mesmo instante en Antena 3 podemos observar que empeza unha serie de corte romántico da que emiten un especial de tres capítulos; este sería un exemplo de contraprogramación en sentido estrito. O motivo é que unha "praza forte" (fútbol) de case irrefutable éxito de audiencia non pode competir e facer un gasto inecesario iestéril para non obter o seguimiento desexado. O máis intelixente parece ser intentar cativar o target tanxencialmente oposto. Esta apaixonante panorámica de loitas encarnadas pola mesma tarta publicitaria foi o núcleo de entendemento da confección das parrillas audiovisuales das últimas décadas e serán as estratexias das canles televisivas as que centrarán a materia que che propoñemos e que talvez xa escolliches.
Pero tamén a evolución da autopublicidad, os novos formatos que han ir xurdindo ata a actualidade ou a imperante sinerxia entre programas serán os eixes desta asignatura, a cal permitirache falar sobre unha realidade próxima, cotiá e sobre a que todos opinan pero sen o calado que ti terás tras habela cursado.