Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Dirección artística e escénica
   Contidos
Tema Subtema
Os bloques nos que está dividida a materia teñen en conta a dimensión eminentemente práctica da mesma.

CAPITULO 1 - DIRECCION ESCENICA






• Introdución.- Distingo un primeiro nivel de explicación, no que se contextualiza o nome da disciplina enmarcando a súa realidade no contexto histórico e social ao longo do tempo e ata os nosos días.

• Tema 1 - Percorrido polos elementos que conforman a realidade actoral, desglosando cada un deles, descubrindo as súas posibilidades e incorporando na medida do posible (condicións da docencia) estes elementos a propia realidade do alumno. Creando deste xeito o espazo adecuado para o posterior desenvolvemento creativo.


• Temas 2 e 3- Bloque que desgraña as metodoloxías existentes para descubrir as ferramentas adecuadas para Dirixir en cada un dos campos: Teatro, TVv e Cine. Da man destas percorresen as distintas etapas de composición e creación


• Temas 4 e 5 - Bloque no que se desenvolven as metodoloxías que permitan dirixir e levar a cabo unha proposta de dirección de secuencias e escenas. Análise activo, proposta de dirección, adecuación dos diferentes elementos


• Temas 6 e 7. Ultimo bloque, dado o carácter eminentemente práctico da disciplina, no que se levan a cabo propostas de Dirección que compilen na práctica os saberes aprendidos.

CAPITULO 2: DIRECCION ARTISTICA 1 – Coñecer o papel da dirección artística na industria cinematográfica.

2 – Coñecer a evolución e o desenvolvemento da dirección artística a través da Historia do Cine.

3 – Coñecer as singularidades e a situación da dirección artística no cine norteamericano, no cine europeo, no cine español e no cine galego.

4 – Entender a dirección artística relativa ao pasado histórico, as diferentes perspectivas e a importancia da Documentación.

5 – Entender a dirección artística relativa ao futuro, as diferentes perspectivas e a importancia da Documentación.

6 – Coñecer a realidades dos decorados á marxe do Estudio, realizados en exteriores, a súa complexidade e a súa singularidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000