Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Estrutura do sistema audiovisual
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Debates Presentación de argumentacións por parte dos alumnos, de xeito individual ou en pequenos grupos, que facilitan a fixación dos conceptos por medio da argumentación e contraste de coñecementos.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividades nas que se presentan problemas relacionados coa materia, tales como a organización das empresas audiovisuais. Lugares ós que se debe recorrer para contar con datos sobre custos, recaudación ou difusuión da obra audiovisual. Son actividades relacionadas coa lección maxistral porque pretende fixar os conceptos explicados teóricamente.
Traballos tutelados Elaboración por parte dos alumnos de textos académicos cunha extensión adecuada á materia, no que se plasmarán os resultados da súa investigación sobre as relacións entre os distintos axentes do audiovisual.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencias a conferencias, encontros e outro tipo de eventos que axudan á comprensión real das relacións entre os axentes do sistema audiovisual; así como o coñecemento das organizacións internas das empresas audiovisuais-televisivas, cinematofráficas ou radiofónicas-.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos da materia nos aspectos teóricos e doctrinais que sustentan as bases do sistema audiovisual.
Seminarios Actividades que permiten afondar e completar os contidos naqueles aspectos do sistema audiovisual que precisa dun maior afundamento. Os alumnos deberán preparar algún dos subtemas coa finalidade de analizar a complexidade do sistema audiovisual español e europeo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000