Estratexias publicitarias e de relacións públicas para produtos audiovisuais é unha asignatura que aborda a promoción das obras audiovisuais dende unha perspectiva global que abrangue non só a fase de comercialización dos produtos finalizados, senón tamén as necesidades promocionais presentes xa na fase de desenvolvemento dos mesmos. Dende o momento no que xorde a idea preliminar dun proxecto audiovisual existen distintos públicos e necesidades de chegar a eles a través de ferramentas de publicidade e relacións públicas específicas para cada un dos mercados no que podemos movernos.
A materia pretende achegar ó alumnado tanto os conceptos xerais na promoción de produtos audiovisuais coma as ferramentas comunicativas específicas para cada un deles.