Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Expresión sonora e estilos musicais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Sesión maxistral Consistirá no estudo teórico dos conceptos clave, cuxo coñecemento e comprensión se fan imprescindibles para a consecución dos obxectivos que nos marcamos nesta materia. Dividimos a materia en 6 grandes bloques: No primeiro bloque abordaremos os principios físicos do son e as particularidades da escoita humana. No segundo bloque ocuparémonos do estudo da voz como órgano xerador de son e como instrumento transmisor dunha mensaxe. Tamén estudaremos os procedementos para realizar, procesar e rexistrar correctamente unha locución. No terceiro bloque estudaremos as claves narrativas e expresivas dos efectos sonoros, ademais do correcto xeito de rexistralos, procesalos e situalos nunha banda sonora. O cuarto bloque pretende abordar o estudo dos elementos que conforman un estilo musical e, deste xeito, a través da evolución daqueles ao longo do tempo, poder asociar unha obra musical a unha época e a un estilo. O quinto bloque é continuación do anterior e pretende esclarecer a achega narrativa e expresiva que a música fai á banda sonora. Estudaremos, neste bloque, a relación da música cos demais elementos dunha banda sonora e expoñeremos os rudimentos dunha gravación musical en estudo. O sexto bloque pódese considerar transversal xa que se irá desenvolvendo ao longo de todo o curso. Nel estudaremos os aspectos funcionais dos equipos necesarios para a recollida, rexistro e procesado de audio.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán o rexistro sonoro e de imaxe dun diálogo. Esta recollida realizarase en exteriores e nun espazo pechado. Ademais realizarán a toma de son ambiente necesaria para crear a banda sonora desta escena. Este labor será realizado en grupo e de forma autónoma, pero sempre baixo a supervisión do profesor, que achegará as indicacións necesarias para o correcto rexistro
Obradoiros En obradoiro pretendemos que os alumnos poñan en práctica os conceptos expostos polo profesor no referente aos aspectos instrumentais da materia. Isto levarase a cabo mediante o procesado do audio recollido previamente, e de forma autónoma, polos alumnos. Tamén se realizará a locución ante un micrófono e o rexistro sonoro desta.

Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán a recreación dun espazo sonoro. Este traballo levarase a cabo nas estacións dixitais de procesado de audio con que conta a facultade.


Estudo de casos/análises de situacións Realizásese a análise de determinados fragmentos, representativos, de varias bandas sonoras. Mediante este estudo poñeremos de manifesto os aspectos expresivos narrativos e formais de cada un dos elementos que as conforman

Seminarios En seminario estudaremos algúns exemplos das principais formas musicais e, coa axuda dos equipos de procesado audiovisual de que dispón a facultade, trataremos de identificar os elementos que as conforman
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000