Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Empresa: Mercadotecnia de produtos audiovisuais e multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Traballos, debates, exercicios, casos prácticos e lecturas que serán realizados polo alumno de xeito individual ou en grupo durante as clases prácticas. Co obxectivo de incentivar o traballo de xeito regular e continuo do alumno na materia, valorarase, mediante unha observación cuantificada, a asistencia e participación activa nas sesións prácticas. A puntuación total de este epígrafe (1punto) divídese entre o número total de sesións efectivas que se leven a cabo.
Os criterios para a puntuación son os seguintes:
• O alumno obterá a nota máxima para cada sesión cuando asista a ésta de xeito completo e con proveitamento. A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria polo que para poder obter a puntuación o alumno debe asistir como mínimo ao 80% das sesións.
• Cando o alumno non asista a alguna destas sesións por causa xustificada e comprobable, terá opción de recuperar a puntuación correspondente mediante a presentación dun exercicio compensatorio que en cada caso determinará o docente. Cada un dos ejercicios terá unha semana de prazo para a súa resolución e entrega. Non se admitirá ningún exercicio compensatorio entregado fora de plazo. A xustificación das ausencias deberá vir determinada por un certificado laboral, un parte médico u outro documento acreditativo pertinente e a súa admisión dependerá do docente. Tales documentos terán que ser entregados ó profesor previamente á falta, cando seña posible, ou na clase posterior. Non se admitirán xustificantes entregados despois dunha semana da falta (salvo casos de períodos non lectivos) ou unha semana despois da incorporación do alumno no caso dunha baixa médica.
• A entrega de exercicios compensatorios recuperará na súa totalidade ou en parte a puntuación correspondente á sesión perdida, en función da calidade do exercicio e o momento da entrega.
10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Probas que se poñen en marcha nas clases prácticas e serán desenvolvidas de xeito autónomo polo alumno e fora da aula. Nelas debe solucionar unha serie de exercicios no tempo e condicións establecidas polo profesor. A puntuación total de este epígrafe (2 puntos) divídese entre o número total de exercicios que se planteen. Estos exercicios deberán subirse a FAITIC e o prazo de entrega será o determinado polo profesor. 20
Probas de resposta curta Trátase dun exame a final de curso orientado á aplicación dos conceptos desenvolvidos na asignatura. É necesario alcanzar un aprobado nesta proba para aprobar a asignatura. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que os alumnos deben asistir ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido polo centro. Isto supón que o único sistema de avaliación é o contemplado nesta guía.


O sistema de avaliación da materia apóiase en dous elementos:


1.        Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas, a asistencia ás clases e a participación nas mesmas. (3 puntos)


2.        Superación da parte teórica, mediante un exame escrito que se realizará na data sinalada polo centro. (7 puntos). Para aprobar a materia é necesario aprobar este exame.


CONVOCATORIA DE XULLO / EXTRAORDINARIA


1.        A forma de avaliación na segunda edición das actas (convocatoria de xullo) é a mesma que na primeira edición (convocatoria de xaneiro). Así a cualificación da parte práctica conservarase en todas as convocatorias dese curso académico.


2.        Se a materia non é superada neste curso, o alumno deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000