Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Ciencia política: Políticas públicas do audiovisual
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición do contido temático dos distintos epigrafes referenciados nos Contidos da materia. o profesor empregará como soporte os medios audiovisuais dispoñibles na aula.
Prácticas en aulas de informática Acceso as bases documentais das institucións políticas da Union Europea, o Estado Español e a Xunta de Galicia para coñecer de primeira man os documentos, sitios web e organismos que constituen o aparato institucional dende o que se planifican, executan e avalian as Politicas Publicas do audiovisual.
Traballos de aula Realización de traballos tutelados polo profesor encol dos temas da materia singularmente os referidos ao proceso de deseño, execución e avaliación das politicas publicas do audiovisual.
Estudo de casos/análises de situacións Exposición e estudo de casos que ilustren a implementación das Politicas Públicas do audiovisual e discusión dos diferentes aspectos nos que se desenvolven os tópicos mais relevantes da materia.
Debates Preparación e realización de debates na aula na que os alumnos amosen a sua capacidade analítica e criativa en relación con aquelas cuestións que son susceptibles de ser enfocadas dende diversas posicións e tratamentos en canto politicas publicas do audiovisual. Prestarase especial atención aos diversos plantexamentos que as politicas publicas do audiovisual poden adoptar en cuestións como a protección das linguas, a igualdade de xenero, a protección da infancia, a privatización dos servicios publicos de radiodifusión e outros semellantes.
Actividades introdutorias Presentación da materia e dos seus diversos enfoques epistemolóxicos. Relevancia do coñecemento das politicas publicas para o profesional do audiovisual.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000