Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Empresa: Dirección e xestión de empresas audiovisuais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula
Co obxectivo de incentivar o traballo regular e continuo do alumno no desenvolvemento da materia, valorarase, mediante unha observación cuantificada, a asistencia e participación activa nas sesións prácticas (que inclúen a resolución de exercicios e estudo de casos).
A puntuación total deste epígrafe (1 punto) divídese entre o número total de sesións efectivas que se desenvolvan.
Os criterios para a adquisición desta puntuación son os seguintes:
*O alumno obterá a puntuación máxima para cada sesión cando asista a esta de forma completa e con aproveitamento.
*Cando o alumno asista a unha sesión de forma incompleta (por chegar tarde ou abandonala antes de tempo) ou, a criterio do docente, non a aproveite suficientemente, obterá só unha parte da puntuación correspondente a devandita sesión.
*Cando un alumno non asista a unha ou varias destas sesións por causa xustificada e comprobable, terá opción de recuperar a puntuación correspondente mediante a presentación dun exercicio compensatorio que en cada caso determinará o docente. Cada un destes exercicios terá unha semana de prazo para a súa resolución e entrega. Non se admitirá ningún exercicio compensatorio entregado fóra de prazo. A xustificación das ausencias deberá vir determinada por un certificado laboral, un parte médico ou outro documento acreditativo pertinente cuxa admisión dependerá do docente. Tales documentos terán que ser entregados ao docente previamente á falta, no caso que sexa posible, ou na clase inmediatamente posterior. Non se admitirán xustificantes entregados logo dunha semana da falta (salvo casos de períodos non lectivos) ou unha semana logo da incorporación do alumno no caso dunha baixa médica.
*Cando un alumno entregue en prazo un exercicio compensatorio recuperará na súa totalidade ou só en parte a puntuación correspondente á sesión perdida, en función da calidade do exercicio entregado.
10
Probas de resposta curta Trátase dunha proba a final de curso orientada á aplicación dos conceptos desenvolvidos na materia, para o que os/as alumnos/as poderán contar coa documentación (libros, apuntes) que consideren necesaria. 40
Estudo de casos/análise de situacións Trátase dunha proba a final de curso orientado á realización dos casos prácticos, para o que os/as alumnos/as poderán contar coa documentación (libros, apuntes) que consideren necesaria. 40
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade suscitada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da asignatura. Para iso utilizaranse as TICs.
Non se admitirá ningún exercicio entregado fóra de prazo nin enviado noutro medio que non sexa a través da plataforma FAITIC.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia impártese en réxime PRESENCIAL polo que os alumnos deben asistir ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido polo centro. Isto supón que o único sistema de avaliación é o contemplado nesta guía.

O sistema de avaliación da materia apóiase en tres elementos:


a) Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas. (2 puntos)


b) Superación da parte teórica, mediante un exame escrito que se realizará na data sinalada polo centro. (8 puntos)


c) A asistencia e participación do alumnado nas clases teóricas e prácticas.


CONVOCATORIA DE XULLO / EXTRAORDINARIA


1. A forma de avaliación na convocatoria de xullo e extraordinaria é a mesma que en decembro.


2. Se a materia non é superada nesta convocatoria, o alumno deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000