Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Empresa: Dirección e xestión de empresas audiovisuais
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecemento teórico-práctico das estruturas organizativas no campo da comunicación visual e sonora, así como a súa evolución e xestión ao longo do tempo. Tamén comprende o coñecemento e a investigación da natureza e interrelaciones entre os suxeitos da comunicación audiovisual: autores, institucións, empresas, medios, soportes e receptores
saber
A3
Coñecementos básicos para situar a actividade audiovisual nun contexto de competencia local, nacional e internacional, destacando as técnicas comerciais, de promoción, venda e distribución de producións audiovisuais, así como ao fomento da actividade emprendedora e do concepto de empresa como unidade básica de produción audiovisual
saber
A15
Capacidade para a identificación dos procesos e técnicas implicadas na dirección e xestión de empresas audiovisuais na súa estrutura industrial: produción, distribución e exhibición, así como de interpretar datos estatísticos do mercado audiovisual. Nesta competencia inclúese a xestión e organización dos equipos humanos para a produción audiovisual existente
saber facer
A28
Capacidade para incorporarse e adaptarse a un equipo audiovisual profesional, facendo compatibles e ata sinérgicos os seus propios intereses particulares e os do proxecto colectivo no que se incorporou
saber facer
A43
Capacidade de adaptación aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organigramas laborais
Saber estar / ser
B1
Capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común destinado á obtención de resultados Saber estar /ser
Saber estar / ser
B2
Capacidade para asumir riscos: Capacidade para asumir riscos expresivos e temáticos, aplicando solucións e puntos de vista persoais no desenvolvemento dos proxectos
Saber estar / ser
B3
Toma de decisións: capacidade para acertar ao elixir en situacións de incerteza, asumindo responsabilidades
Saber estar / ser
B4
Práctica sistemática de autoevaluación crítica de resultados: valoración da importancia de corrixir e axustar constantemente os erros cometidos nos procesos creativos ou organizativos
Saber estar / ser
B5
Orde e método: habilidade para a organización e temporalización das tarefas, realizándoas de xeito ordenado adoptando con lóxica as decisións prioritarias nos diferentes procesos de produción audiovisual
Saber estar / ser
B6
Conciencia solidaria: respecto solidario polas diferentes persoas e pobos do planeta, polos valores universais de educación, cultura, paz e xustiza, e polos dereitos humanos, a igualdade de oportunidades e a non discriminación de mulleres e persoas con discapacidade
Saber estar / ser
B7
Sensibilidade, respecto e necesidade de conservación do patrimonio cultural e audiovisual de Galicia e do mundo
Saber estar / ser
B8
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000