Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Lingua: Lingua galega
   Contidos
Tema Subtema
• TEMA 1: Lingüística e filoloxía do galego. • A comunicación. A linguaxe.
• Unidade e diversidade das linguas.
• A lingua galega e as súas variedades.
• TEMA 2: Os ámbitos e rexistros das linguas. Os usos do galego. • Usos e funcións das linguas.
• Expresión oral e expresión escrita. Elocución e redacción. Ortofonía e ortografía.
• Linguaxes especializadas e non especializadas.
• Linguaxe visual e linguaxe verbal: a acomodación lingüística do galego.
• TEMA 3: Psicoloxía social e sociolingüística do galego.
• O individuo e a comunidade. Nacionalismo lingüístico e multilingüismo.
• Lingua común. Lingua estándar. Lingua internacional.
• Bilingüismo e diglosia. Interferencia e cambio de código.
• Identidade e prestixio. Prexuízos lingüísticos.
• Inseguridade lingüística. Falantes nativos, bilingües e semifalantes.
• TEMA 4: Historia dos medios de comunicación de masas en galego. • A prensa: dos xornais do XIX aos xornais de balde.
• A radio. As radios privadas e públicas.
• A televisión. Da TVG á Galega. As televisións locais. Os informativos. A produción propia. A produción allea. As series e longametraxes. Os espazos publicitarios.
• A rede, os novos soportes e as novas tecnoloxías.
• TEMA 5: A fonética do audiovisual galego. • Fonética e prosodia. Normas fónicas para a pronuncia estándar do galego. A entoación galega.
• Ortoloxía e elocución. As variedades fonéticas e estilísticas do galego. O problema dos acentos.
• Guías de pronunciación: o ben falar e o bo dicir.
• TEMA 6: A gramática e o léxico do audiovisual galego. • Tendencias conservadoras e innovadoras na morfoloxía e na sintaxe do galego moderno.
• O léxico e os recursos de formación de neoloxismos. Os estranxeirismos.
• Manuais de gramática e dicionarios.
• TEMA 7: Retórica e pragmática da comunicación audiovisual en galego. • A arte de expresarse. Estilo e verosimilitude. Os xéneros.
• As figuras retóricas. O tratamento. Quen. Que. Como. Para quen.
• TEMA 8: Análise textual. Composición de textos en galego. • A escritura como proceso: construción de textos.
• Tipoloxías textuais e discursivas.
• Comprensión e lexibilidade.
• Coherencia, cohesión, adecuación.
• Intertextualidade.
• TEMA 9: A lingua galega e o cinema en Galicia. • As linguas do cinema. Versións orixinais, subtituladas e dobradas.
• Filmes de ficción e documentais: a evolución lingüística e estilística.
• Curtametraxes e longametraxes en galego.
• Adaptacións e transferencias: da literatura galega á pantalla.
• TEMA 10: Políticas lingüísticas e culturais no audiovisual galego: liberalismo vs proteccionismo. • As novas tecnoloxías e as linguas.
• O contexto local: o mercado global e o mercado local do audiovisual.
• Liberdade e coerción lingüísticas: as regulacións lingüísticas das administracións. Para que?
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000