Estudo de casos/análise de situacións |
O profesor facilitará o alumno problemas e estudo de casos que se resolveran mediante dinámicas de grupo e estudio individualizado do caso.
Estes casos estarán relacionados cos conceptos e procedementos traballados e terán como finalidade que os alumnos ós aplique nun contexto real. |
20 |
A avaliación da
materia desenvólvese en varios niveis e dimensións. Partindo do marco xeral do
obxectivos, e dicir, das capacidades, a avaliación intentará recoller e valorar
aqueles aspectos relacionados co campo dos coñecementos, campo dos
procedementos, campo actitudinal e campo relacional. Entendemos que o
equilibrio estará en que o alumnado acade estas catro grandes dimensións que
dalgunha forma contribuirá a que se forme máis integralmente. Os traballos presentados avaliaranse partindo dos
seguintes criterios: • Demostración da utilización e dominio dos coñecementos
disponibles nos documentos traballados na aula para contrastar as propias
ideas, apoialas e fundamentalas.
• Comprensión das ideas básicas contidas nos materiais utilizados e analizados
• Elaboración da expresión das ideas propias argumentadas
• Capacidade de escoita e receptividade das ideas dos outros pa a mellora do
rendimento académico
• Crítica razonada de posicions e de feitos fundamentados con argumentos,
utilizando un vocabulario técnico propio da materia.
• Claridade expositiva nos debates e habilidades de comunicación,
• Estructura correcta da presentación do proxecto seguindo as pautas
traballadas na aula.
• Estructura lóxica das ideas no documento presentado
• Calidade das aportacions e expresións de ideas innovadoras, contribuciónsno
traballo en grupo, compromiso nas diversas tarefas. |