O Proxecto Fin de Grao poderá derivar das
actividades desenvolvidas no Prácticum. Sexa
como for, deberase demostrar a capacidade para a elaboración dun informe ou proxecto
de intervención e a súa exposición e defensa en público. |
O contido do traballo poderá ser: informe dunha investigación educativa, deseño dun proxecto de intervención educativa ou sistematización dunha experiencia de intervención profesional como mestre en Educación Primaria. Os traballos de Fin de Grao realízanse sobre aspectos, ámbitos e colectivos obxecto de intervención no ámbito educativo, así como sobre calquera outra liña temática que se puidese acordar no seu momento. |