1. A titora ou titor académico
da universidade avaliará as prácticas desenvolvidas polos estudantes de
conformidade cos criterios e fontes de información sinalados.
2. Para
superar a materia do Prácticum o estudante deberá acadar o aprobado en cada un
dos criterios de avaliación establecidos nos informes, tanto do titor/a do
centro escolar como do titor/a académico.
3. A titora ou titor do centro escolar, como indica o art. 13 do Real Decreto
1707/2011, de 18 de Novembro, polo que se regulan as prácticas académicas
externas dos estudantes universitarios, realizará e remitirá ao titor/a
académico da Universidade a avaliación final.
4. Para
facilitar o proceso de avaliación, antes do inicio das prácticas, o coordinador/a
do Prácticum remitiralle ao centro escolar a folla de avaliación na que se
reflictan as diferentes competencias obxecto de mesma.
Particularmente, no tocante á Memoria de Prácticas, sinalar:
1. A Memoria
das prácticas desenvolverase consonte o establecido no art. 14 do Real decreto
1707/2011, de 18 de Novembro.
2. A través
da guía docente, así como por outro tipo de orientacións, a Comisión de
Prácticas establecerá anualmente as recomendacións precisas para unha correcta
elaboración da Memoria.
3. Para
facilitar o proceso de avaliación cada titor ou titora contará coa
correspondente folla de avaliación.