Resolución de problemas e/ou exercicios |
Preferentemente, nas horas de tipo B, traballaranse os contidos estritamente lingüísticos e comunicativos do programa.
Ao longo do curso, o profesor proporá un máximo de seis tarefas ou proxectos que deberá realizar cada alumno. As datas de realización das tarefas serán establecidas na clase, pero non se aconsella que se superen as tres semanas para a súa realización. O profesor guiará o alumnado para a execución destas tarefas propondo actividades comunicativas. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais desenvolveranse nas horas de grupo A. Nelas trataranse os contidos de didáctica das linguas estranxeiras.
Ademais, o alumnado deberá participar nas actividades que
propoña o profesor no grupo da Rede Social da universidade. |