Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das ciencias experimentais II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliación da preparación e da realización das actividades de aula desenvolvidas. 20
Prácticas de laboratorio Avaliación da preparación, da realización e do aproveitamento das actividades experimentais desenolvidas presencialmente na aula - laboratorio. 20
Debates Seguimento mediante fichas de observación da participación, calidade, pertinencia e aproveitamento. 10
Informes/memorias de prácticas Avaliación do informe de análise e de sintése das tarefas e dos traballos prácticos realizados na aula - laboratorio. 10
Traballos e proxectos Avaliación do deseño e da formulación do proxecto encargado. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Cada alumna e cada alumno confeccionará un cartafol, na sección particular específica da aula virtual da materia - curso en FAITIC, que consistirá nun diario persoal de seguimento das sesións lectivas, coas notas de aula, ampliacións, achegas, reflexións propias e coa avaliación e autoavaliación das sesións correspondentes.
    A realización completa e a entrega deste cartafol será condición necesaria e imprescindible para acollerse á opción de modalidade presencial de avaliación continua.
  • Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores. O
    uso deste libro é obrigatorio para poder realizar unha parte importante
    das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
  • Para
    poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula
    virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun
    aproveitamento axeitado.
  • Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán
    dispostos, en tempo e forma segundo os prazos progrqamados, por cada
    alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do
    curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • Para obter unha avaliación positiva é
    preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados
    establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento
    correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición
    imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas.
  • A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.

O alumnado que se puido
acoller ao sistema de avaliación continua na primeira convocatoria,
poderá optar por realizar as actividades pendentes de avaliación
positiva ou pola realización dun exame. Gardarense as cualificacións
positivas acadadas na primeira convocatoria, que se promediarán coas
obtidas nesta, de acordo coas porcentaxes indicadas anteriormente. Dito
alumnado tamén poderá optar por realizar un exame.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000