Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das ciencias experimentais I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Realización de traballos de aula 75
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas de laboratorio 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que non aprobe algunha parte da materia na primeira convocatoria,
poderá optar por realizar as actividades pendentes de avaliación
positiva ou pola realización dun exame. Gardarense as cualificacións
positivas acadadas na primeira convocatoria, que se promediarán coas
obtidas nesta, de acordo coas porcentaxes indicadas anteriormente. 

Neste curso preténdese experimentar o Proxecto de Innovación: "DESEÑO E
IMPLANTACIÓN DE PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN EN GRAOS E
POSGRAOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA TEMA: CUESTIONARIOS KPSI, RÚBRICAS E
MAPAS CONCEPTUAIS EN FORMATO DIXITAL" (Pendente de Resolución Reitoral),
consistente en:

Neste marco proponse o deseño e implantación de procedementos que
inciden no proceso de aprendizaxe (avaliación formativa e formadora, na
que o alumnado é corresponsable) a través dos seguintes instrumentos:
Cuestionarios ou formularios Knowledge and Prior Study Inventory (KPSI),
Rúbricas ou matrices de valoración e Mapas Conceptuais. Todos eles
están inseridos na combinación entre o traballo cooperativo e o
individual, pois se ben os procesos de aprendizaxe teñen lugar
socialmente, a aprendizaxe é individual. No caso dos Mapas Conceptuais
tamén se utilizan como probas de execución ou realización.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000