A avaliación será continua.
Para poder seguir esta avaliación terá que asistirse ó 80% mínimo das horas. A asistencia é un requisito para seguir a avaliación continua, pero non será puntuada na nota global.
A avaliación consistirá na realización dunha serie de traballos estipulados polo profesor (presentacións e exposicións de traballos, resolución de problemas ou exercicios, resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma) e da proba de resposta longa, de desnvolvemento. As prácticas ou exercicios propostos terán que ser entregados na data establecida. Fóra dese prazo non serán admitidos, e o alumno perderá a avaliación continua, non poderá realizar a proba de resposta longa e terá que realizar o exame na convocatoria de xullo.
A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. Se algún alumno ou alumna non pode asistir ó 80 % das clases por razóns laborais ou persoais, deberá comunicalo ó profesor nos primeiros 15 días de clase.
O alumno que non cumpra estes requisitos terá dereito a un exame final, na data oficial establecida polo centro, por un 100% da nota da materia.
2ª CONVOCATORIA
Na convocatoria de xullo farase unha proba final que valerá o 100% da calificación salvo para aqueles alumnos que teñan feito a avaliación continua pero que non aprobasen na primeira convocatoria. A estes alumnos gardaráselles a nota obtida na Exposición do traballo (20%) e responderán a preguntas de desenvolvemento por un valor do 80% da nota final.
|