Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Ciencias experimentais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Traballos de aula 40
Prácticas de laboratorio Prácticas experimentais 20
Proxectos Elaboración de proxectos globalizados 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Cada alumna e cada alumno confeccionará un cartafol, na sección
    particular específica da aula virtual da materia - curso en FAITIC, que
    consistirá nun diario persoal de seguimento das sesións lectivas, coas
    notas de aula, ampliacións, achegas, reflexións propias e coa avaliación
    e autoavaliación das sesións correspondentes.
    A
    realización completa e a entrega deste cartafol será condición
    necesaria e imprescindible para acollerse á opción de modalidade
    presencial de avaliación continua.
  • Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores. O uso deste libro é obrigatorio para poder realizar unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
  • Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado.
  • Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán
    dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada
    alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do
    curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas.
  • A cualificación final (nota) será obtida, por avaliación contínua, mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares (notas) ao longo do curso.
  • 2ª CONVOCATORIA DE XUÑO: se gardarán todas as cualificacións parciais (notas) positivas obtidas pola alumna ou polo alumno durante todo o curso, que poderadas segundo as porcentases anteditas serán acumuladas sumativamente nunha cualificación única (nota), a que promediará ao 50 % coa cualificación (nota) da proba escrita presencial.
    Se a alumna ou o alumno manifesta expresamente, por escrito na cabeceira da primeira folla de exame desta 2ª convocatoria, o seu desexo de que non sexan tidas en conta estas notas, a súa cualificación final será unicamente a nota derivada da corrección desta proba.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000