- Cada alumna e cada alumno confeccionará un cartafol, na sección
particular específica da aula virtual da materia - curso en FAITIC, que
consistirá nun diario persoal de seguimento das sesións lectivas, coas
notas de aula, ampliacións, achegas, reflexións propias e coa avaliación
e autoavaliación das sesións correspondentes. A
realización completa e a entrega deste cartafol será condición
necesaria e imprescindible para acollerse á opción de modalidade
presencial de avaliación continua. - Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores. O uso deste libro é obrigatorio para poder realizar unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
- Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado.
- Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán
dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada
alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do
curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres. - Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas.
- A cualificación final (nota) será obtida, por avaliación contínua, mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares (notas) ao longo do curso.
- 2ª CONVOCATORIA DE XUÑO: se gardarán todas as cualificacións parciais (notas) positivas obtidas pola alumna ou polo alumno durante todo o curso, que poderadas segundo as porcentases anteditas serán acumuladas sumativamente nunha cualificación única (nota), a que promediará ao 50 % coa cualificación (nota) da proba escrita presencial.
Se a alumna ou o alumno manifesta expresamente, por escrito na cabeceira da primeira folla de exame desta 2ª convocatoria, o seu desexo de que non sexan tidas en conta estas notas, a súa cualificación final será unicamente a nota derivada da corrección desta proba.
|