Outras |
Exame (proba individual escrita) da materia, tanto da parte teórica como de exercicios e problemas.

Cada unha das cuestións propostas terá diferente peso segundo o seu grao de dificultade e amplitude. Os estudantes saberán antes de realizar a proba a cualificación máxima de cada unha delas.

Será valorada:

A corrección nos razoamentos, cálculo e interpretación de resultados.

A capacidade de expresión en matematáticas e en xeral na lingua.

A capacidade para a representación e comprensión de figuras.

70 |
A cualificación final da materia será a suma das obtidas no traballo de aula ( de 0 a 3) e a da proba individual escrita (de 0 a 7).
Os estudantes que non se integren nos grupos de traballo das clases prácticas ou non cumpran os requisitos establecidos como criterios de avaliación terán como única opción o exame (cualificación de 0 a 7), sendo a cualificación obtida a súa cualificación final da materia.
Co mesmo criterio, os que non se presenten ao exame terán como cualificación final a obtida na parte práctica.
* Na derradeira sesión presentarán ao profesor o caderno de traballo para a súa revisión final. Os estudantes deberán ter engadido, completado ou corrixido aquelas cuestións que o profesor indicara.
SEGUNDA CONVOCATORIA E SEGUINTES
Os estudantes que non superen a materia deberán pasar un novo exame (de 0 a 7). A cualificación que durante o curso obtiveran na parte práctica (de 0 a 3) será engadida á nova cualificación. |