Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe da lingua estranxeira: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos O alumnado presentará, en formato papel ou electrónico, un proxecto didáctico resultante das diferentes tarefas que se deberán realizar ao longo do cuadrimestre. O alumnado deberá ter realizado como mínimo a metade de tarefas propostas ao longo do curso. Os criterios de avaliación e o baremo serán negociados co alumnado no inicio do curso e farán parte dunha grella de avaliación. A data de entrega deste proxecto final será a da data oficial fixada polo centro. 60
Presentacións/exposicións Nas datas estabelecidas na clase durante a última semana lectiva, o alumnado deberá presentar oralmente na clase o seu proxecto didáctico, froito das tarefas parciais encargadas polo profesor. O alumnado deberá ter realizado como mínimo a metade de tarefas propostas ao longo do curso para ser avaliado na primeira convocatoria. Nesta exposición cada estudante deberá presentar o seu proxecto e achegar a argumentación didáctica que o sustenta. Cada estudante disporá de 10 minutos e poderá usar os medios audivisuais que a facultade pon ao seu dispor. As exposicións serán públicas, aínda que o/a alumno/a poderá decidir se quere realizar a exposición só en presenza do profesor. As exposicións de cada estudante serán avaliadas nunha grella de avaliación cuxos criterios e baremo serán negociados na aula ao inicio do cuadrimestre. Sexa como for, nos criterios de avaliación que conformarán esta grella teranse en conta a asistencia ás aulas e a participación nas mesmas. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que non viñer ás aulas e/ou que non elaborar a metade de tarefas parciais ao longo do cuadrimestre non poderá emtregar nin presentar oralmente o proxecto didáctico. Nese caso, deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10, contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deverá resolver. O profesor comunicaralle este feito ao alumnado afectado, como máximo, na última semana lectiva. Tamén deberá realizar este exame o alumnado que se presentar á segunda convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000