Traballos tutelados |
O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc. |
10 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia en respostas de mediana extensión. |
65 |
Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan en cada proba ou actividades obxecto de avaliación como mínimo un 50% da cualificación nese apartado.
Aqueles estudantes que non superen algunha das probas ou actividades obxecto de avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo.
No caso de que algún estudante non poida seguir a avaliación continua e o traballo en grupo titorizado polo responsable docente da materia realizará unha proba de contidos teóricos sobre a mesma que suporá un 70%. Ademais dun traballo teórico-práctico ao que corresponderá o 30% da cualificación final. Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan en cada unha das partes (teórica e práctica) un 50% da cualificación total das mesmas. |