Estudo de casos/análises de situacións |
O alumnado realizará estudos de casos, de forma individual ou en grupos |
15 |
Outras |
Participación activa nas distintas tarefas (debates, presentacións, coavaliacións...) e actitude cooperativa nos traballos grupais.
<br>Realización de pequenas probas individuais sobre contidos da materia |
20 |
*Neste curso preténdese experimentar o Proxecto de Innovación: "DESEÑO E IMPLANTACIÓN DE PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN EN GRAOS E POSGRAOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA TEMA: CUESTIONARIOS KPSI, RÚBRICAS E MAPAS CONCEPTUAIS EN FORMATO DIXITAL" (Pendente de Resolución Reitoral), consistente no deseño e implantación de procedementos que inciden no proceso de aprendizaxe (avaliación formativa e formadora, na que o alumnado é corresponsable) a través dos seguintes instrumentos: Cuestionarios ou formularios Knowledge and Prior Study Inventory (KPSI), Rúbricas ou matrices de valoración e Mapas Conceptuais. Todos eles están inseridos na combinación entre o traballo cooperativo e o individual, pois se ben os procesos de aprendizaxe teñen lugar socialmente, a aprendizaxe é individual. No caso dos Mapas Conceptuais tamén se utilizan como probas de execución ou realización.
*O alumnado que non asista a clase e non realice satisfactoriamente as actividades de aula, deberá entregar un traballo e presentarse ao examen final. |