Didáctica, organicación escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Correo-e
Profesorado
Web
Descrición xeral
Esta materia forma parte do módulo 5 "Organización do espazo escolar, materiais e habilidades docentes" de carácter básico, con 6 créditos ECTS. Está ubicada en 1º curso, no segundo cuadrimestre. Pretende proporcionar aos estudantes os coñecementos científicos e as técnicas necesarias para reflexionar sobre os distintos aspectos e ámbitos da Organización Escolar, coa finalidade de poder reflectilos nunha realidade concreta, é dicir, nun centro da nosa Comunidade Autónoma. Intenta, tanto pola actualidade dos contidos como polos ámbitos que abrangue, espertar os intereses dos estudantes polos aspectos que tradicionalmente non se trataban nos currículos académicos.