Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Esta metodoloxía está pensada para poñer en práctica os coñecementos adquiridos e activar as capacidades que permiten acadar competencias de aplicación á realidade.
O traballo será guiado, avaliado en proceso, e avaliado ao final.
A base sobre a que se aplican os criterios será a participación nas sesións de introdución e de seguemento e a memoria onde se recolle o realizado.
Ningún traballo se poderá dar por finalizado ata que non acade a cualificación de apto.
Na cualificación total representa un valor do 20, con independecia do valor que acade na presentación pública do mesmo.
Presentacións/exposicións Neste apartado teráse en conta a presentación pública dos traballos tutelados, así como a presentación e debate ou posta en común en aula dos exercizos e dos seminarios. O valor da exposición dos traballos e das exposicións orais en aula e seminarios representa o 20 do total final. O reparto é a partes iguais entre os tres tipos de presentacións.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Esta metodoloxía está pensada para aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis nos temas. No material preparado pola docente fanse suxestións que orientan ao alumnado para este fin, pudendo tamén o propio alumnado afondar en aspectos que non estean suxeridos pola docente.
Este traballo pasará a formar parte do cartafol que debrá realizar cada alumna/o.
Este apartado terá un valor do 0,66% do total do cartafol.
Seminarios
Haberá 8 sesións en seminario(horas C) ao longo do cuadrimestre.
Para o seu desenvolvemento será preciso que o alumnado se documente previamente. Na sesión de seminario cada quen intervirá presentando as conclusións ás que chegara, de modo que se comparta información e se poida poñer en común e debater no grupo.O traballo desenvolvido contará para a avaliación.
O traballo de participación realizado nas dúas sesións suporá un 0.66 da cualificción total (incluída no conxunto das preesentacións), e o 0,66 da puntuación que se poida acadar no cartafol, que será valorado cando sexa revisado na titoría.
Probas de resposta curta Durante o desenvolvemento do curso realizaranse 9 probas de resposta curta sen apoio de apuntamentos nin material de consulta. Para a súa realización tomarase como base os exercicios propostos ao final de cada tema. Serán avaliadas de inmediato e devoltas ao alumnado para a súa comprobación e comentario en aula. O valor destas probas será tomado en conxunto, proporcionando ata 20 do valor total.
Cartafol/dossier O dosier será un caderno no que se irá plasmando todo o traballado no curso agás o traballo tutelado.
Irase revisando na titoría ao longo do cuadrimestre.
O valor poderá supor o 20 da cualificación final. Comporán esa cualificación tres elementos:
- o recompilado para os seminarios
- o recompilado como traballo voluntario
- o recompilado como exercicios
Probas de resposta longa, de desenvolvemento A proba de desenvolvemento longa terá lugar na data da proba final oficial. nesta proba participarán as persoas que non acadaran unha avaliación positiva ao longo do desenvolvemento do cuadrimestre e tamán nas convocatorias extraordinarias.Trarase dunha pregunta de desenvolvemeto e un comentario de texto con datos. Disporase de dúas horas para asúa realización e poderanse consultar materiais como o cartafol ou outras lecturas de consulta. O valor desta proba é do 20 do total.
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000