Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación infantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Na aula, os profesores da materia presentarán exercicios relacionados con diversas competencias transversais (análise, síntese, crítica ou reflexión) sempre no marco da realidade da educación infantil: traballo cooperativo, organización de centro, nenos/as con dificultades, etc
Presentacións/exposicións Os/as alumnos/as terán que presentar o defender moitos dos traballos que se realicen tanto dentro coma fora da aula. Estas presentacións poderán facerse en diversos soportes: papel, TIC, oral, etc
Estudo de casos/análises de situacións Ao longo do cuadrimestre presentaranse, para a seu debate e solución catro estudos de caso. Trátase dunha actividade onde se mostrarán casos reais aos que hai que darlle una solución con argumentos fundamentados criterios e fundamentos teorico-prácticos.
Actividades introdutorias Faranse dúas sesións introdutorias onde se presentará todo o relativo á materia: , presentación da guía, contidos, metodoloxía de traballo, avaliación, etc.
Tamén se fará unha pequena proba de coñecementos previos como primeira actividade da materia.
Traballos tutelados Os traballos prácticos de deseño de unidades didácticas ou proxectos de traballo serán tutelados en pequenos grupos polo profesorado da materia. Esta tutela terá a finalidade de facer un seguimento do traballo así como que os/as alumnos/as expoñan a suas dúbidas sobre o mesmo.
Traballos de aula Todo o taballo práctico de deseño de proxectos didácticos serán levados a cabo, na súa maior parte, na aula baixo o seguimento, mediación e axuda do profesorado responsábel.
Sesión maxistral Os sete temas que se presentan no apartado de contidos desta guía terán unha exposición oral por parte do profesorado da materia. Esta exposición terá un carácter marcadamente bidireccional e interrogativo, onde o alumnado participe no desenvolvemento do contido a traballar e poida ir construindo o campo conceptual da materia.
Eventos docentes e/ou divulgativos Dúas das sesión estarán destinadas a conferencias de profesionais do ensino en infantil. Estes docentes falarán sobre algúns dos factores/variábeis que condicionan o labor do mestre nas escolas infantís: organización de aula, metodoloxía de proxectos, globalizadas, etc
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000