Informes/memorias de prácticas externas ou prácticum |
1. Informe avaliativo do titor-colaborador: Permitirá tomar en consideración as valoracións realizadas polos responsables institucionais das Prácticas, nos centros colaboradores. A tal efecto, cada titor disporá de un modelo de informe no que deberá expresar os seus suizos sobre o labor desenvolto polo estudante no período de prácticas.
2. Memoria das Prácticas Externas: Consiste nun documento no que o estudante presentará:
a. Contextualización das Prácticas
b. Descrición da experiencia mantida ao longo do período de estadía na institución: actividades específicas realizadas, recursos e técnicas empregados, etc.
c. Reflexións e valoracións sobre ela, dende o punto de vista académico
d. Autoavaliación na que consten referencias aos obxectivos acadados, grao de implicación persoal, etc.
e. A memoria será redactada con rigor académico -cuidando especialmente o léxico e a redacción- e seguindo unha sistematización apropiada que incluirá índice, introducción, bibliografía, anexos, etc.
|
60 |
A data de entrega da Memoria é improrrogable. Só en casos excepcionais -principalmente cuestións relativas á propia institución de acollida ou en situación grave por parte do alumno/a- poderá ser ampliado o prazo polo profesor coordinador das Prácticas, sempre que esta consulta se faga coa suficiente antelación e as causas estean debidamente xustificadas.
Para superar a materia o estudante deberá cumprir as titorías establecidas, as horas de permanencia sinaladas na institución e entregar nos prazos acordados toda a documentación que xa se citou, nun único volume e baixo a denominación de Informe Final de Prácticas Externas do Mestrado en Arte Contemporánea, Creación e Investigación(que integra a memoria requerida)
Aqueles estudantes que deban recorrer á convocatoria de setembro seguirán as mesmas pautas sinaladas neste programa, adaptadas fundamentalmente ás datas desa convocatoria, é dicir: deberán asistir ao número de titorías estimado necesario polo profesor coordinador, realizar as 50 horas de prácticas na entidade, e entregar o correspondente Informe Final de Prácticas Externas do Mestrado en Arte Contemporánea, Creación e Investigaciónnos prazos correspondentes.
|