A materia de “Produción Artística: Imaxe 2” está deseñada para que conflúan nela contidos comúns de deseño gráfico e editorial, ilustración, fotografía e técnicas gráficas aplicadas á arte contemporánea.
Tomando como fío condutor a obra de arte múltiple, preténdese desenvolver un proceso creativo en torno ao libro de artista como proxecto artístico propio.