Actividades introdutorias |
Presentamos unha posta en contacto entre a organización dos recursos conceptuais e discursivos do alumno e os contidos que desenvolverá a materia. As actividades introdutorias buscan a complicidade entre o alumno, a materia e os profesores que a imparten. |
Sesión maxistral |
Construír un corpo teórico de reflexión que lle permita ao alumnado interrogarse sobre as cuestións que conforman a práctica artística no contexto das dinámicas culturais actuais. |
Presentacións/exposicións |
Facer posible o desenvolvemento de capacidades no alumnado que lle permitan desenvolverse plenamente no ámbito discursivo da arte contemporánea. |
Titoría en grupo |
Incentivar a autoavaliación onde todo o grupo cuestiona e analiza o resultado alcanzado polos membros do grupo. Conseguir, ademais, que o grupo se unifique mediante obxectivos comúns. |