Os alumnos matriculados nesta materia usaron a cámara fotográfica en diferentes contextos, ainda que moitos deles non cursaran ningunha materia que abordase a fotografía tanto no aspecto prático como no teórico. Este é o motivo principal polo que nesta materia partiráse de cero. A materia enfocaráse dende un punto de vista eminentemente práctico fundamentándose no manexo da cámara e no proceso de obtención das imáxes fotográficas. Asimesmo, propiciaráse un achegamento á historia e a estética fotográfica.