Guia docente 2012_13
E.U. de Enfermería (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría materno-infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Observación das habilidades e destrezas mostradas pola/o alumna/o, durante a realización das práticas nos seminarios así como a participación nos temas plantexados na aula.
Para obter a puntuación correspondente, neste apartado, será "obrigatoria" a asistencia a estes seminarios, cando menos no 90% do total das horas, no caso contrario, a avaliación pasará a ser a de "modalidade non presencial".
A avaliación será continúa, farase ao longo de todo o cuadrimestre no que se imparte a materia.
A puntuación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.
50
Probas de tipo test Constará dunha proba obxectiva, de 60 preguntas tipo test, con 4 opcións de resposta, sendo só unha delas a correta.
Dita proba, realizarase o día marcado no calendario académico.
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), onde (A) é o número de acertos e (E) o número de erros.
As preguntas non respostadas, non restan puntuación.
A puntuación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación para a modalidade NON PRESENCIAL
A esta modalidade poderanse acoller aquelas/es alumnas/os, que con causa debidamente xustificada, non lle sexa posible asistir con regularidade (máis do 90%) aos seminarios, para o que deberán ao comezo do inicio do cuadrimestre, comunicar por escrito a profesora responsable, que non van asistir aos seminarios, indicando a causa que o impide.
No caso de alumnas/os, que por diferentes motivos, sempre xustificados e ainda asistindo a algún seminario, non cheguen a acadar o 90% da asistencia aos seminarios, poderán acollerse a esta modalidade de non presencial.

A avaliación da modalidade non presencial é a seguinte:

1º) Constará dunha proba obxectiva, de 60 preguntas tipo test, con 4 opcións de resposta, sendo só unha delas a correta. 
Dita proba, realizarase o día marcado no calendario académico.
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: (A-E), onde (A) é o número de acertos e (E) o número de erros. 
As preguntas non respostadas, non restan puntuación.
A puntuación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.
A calificación neste apartado supón o 50% da calificación total da materia.

2º) A execución dunha proba prática na aula taller, según as actividades e procedementos práticos impartidos durante os seminarios en relación aos contidos da materia.
Dita proba, realizarase o día marcado para o exame final da materia, según o calendario académico.
A puntuación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.
A calificación neste apartado supón o 40% da calificación total da materia.

3º) A realización dun traballo individual, en relación aos contidos da materia impartida nos seminarios, que se presentará por escrito, según os criterios de presentación marcados: extensión total máxima de 10 folios, a unha soa cara, con tipo de letra arial, tamaño 12 puntos e un interlineado de 1.5.
O prazo máximo de entrega do traballo, será o do día marcado para o exame final da materia, según o calendario académico.
A puntuación para ser apto neste apartado, será de 5 ou máis puntos sobre 10.
A calificación neste apartado supón o 10% da calificación total da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000