Guia docente 2012_13
E.U. de Enfermería (Ourense)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Observación das habilidades e destrezas mostradas pola/o alumna/o durante a realización das prácticas nos seminarios asi como a participación nos temas plantexados na aula.
Para obter esta puntuación é "obrigatoria" a asistencia a estes seminarios cando menos no 90% do total das horas, no caso contrario,a avaliación deberá ser a de modalidade non presencial.
A avaliación será continua, faráse ao longo do cuadrimestre.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
50
Probas de tipo test Constará dunha proba obxectiva de 60 preguntas tipo test con 3 alternativas de resposta e só unha delas será a correcta.
Dita proba realizarase o día marcado no calendario oficial.
A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: A-E, onde (A) é o número de acertos é (E) o número de erros, as non respostadas non restan puntuación.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación para a modalidade "non presencial"

A esta modalidade poderanse acoller aquelas/os alumnas/os que por causas debidamente xustificadas non lle sexa posible asistir con regularidade (máis do 90%) aos seminarios, para o que deberán ao comezo da materia comunicarlle ao profesor/a por escrito, que non van asistir aos seminarios coa causa debidamente xustificada que o impida. 
Tamén aquelas/os alumnas/os que por diferentes causas, sempre xustificadas, aínda asistindo a algún seminario, non cheguen á asistencia do 90%. 
Nos dous casos no terán opción a modalidade de avaliación contínua pasando a  modalidade non presencial.

A avaliación da modalidade non presencial é a seguinte:

1º Constará dunha proba obxectiva de 60 preguntas tipo test con 3 alternativas de resposta e só unha delas será a correcta. Dita proba realizarase o día marcado no calendario oficial.A fórmula que se utilizará para obter a puntuación neste apartado será: A-E, onde (A) é o número de acertos é (E) o número de erros, as non respostadas non restan puntuación.
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
A calificación deste apartado supón un 50% da calificación total.

2º A realización dun traballo individual en relación a materia impartida nos seminarios, que se presentará por escrito. Terá unha extensión máxima de 10 follas (contando a carátula) a unha cara con letra arial 12 pto. e un interlineado de 1.5. O prazo máximo de entrega será marcado pola/o profesor/a no momento correspondente e coa suficiente antelación
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
A calificación deste apartado supón un 10% da calificación total.

3º A execución de actividades-procedementos prácticos na aula taller en relación os contidos da materia impartidos durante os seminarios. Realizarase dita proba o día marcado para o exame. 
A puntuación para ser apto neste apartado será de 5 ou máis puntos sobre 10.
A calificación deste apartado supón un 40% da calificación total.

Será necesario para aprobar a materia ter superada a proba práctica, a proba escrita e o traballo individual.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000