Guia docente 2012_13
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Técnicas avanzadas de manexo de información
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio son obligatorias, terán unha data de presentación estipulada previamente e serán avaliadas por separado. Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha puntuación total igual o superior a 5 puntos (sobre 10).
<br><br>
40
Seminarios Inclúe a preparación en pequenos grupos dun tema, a súa exposición oral, plantexamento de exercicios aos compañeiros e avaliación dos mesmos. O traballo será avaliado por compañeiros e compañeiras, ademáis de polo profesorado da materia, atendendo á calidade xeral do seminario e ás habilidades e actitudes amosadas polos compoñentes do grupo.
Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha puntuación total igual o superior a 5 puntos (sobre 10).
<br>
40
Estudo de casos/análise de situacións Proba en que se suscita unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha puntuación total igual ou superior a 5 puntos (sobre 10). 10
Outras Asistencia regular ao laboratorio de prácticas 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles estudantes que non superen a avaliación continua, así como os non-asistentes (os que non asisten con regularidade a clase) dispondrán dunha segunda oportunidade durante a convocatoria oficial de exames (xullo 2013), que será avaliada do seguinte modo:
1) Avaliación teórica (20%): Proba obxectiva que incluirá avaliación de conceptos teóricos e resolución de exercicios. Para a liberación da materia teórica o estudante deberá obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).
2) Avaliación prácticas de laboratorio (40%): No momento de realizar o exame teórico, o alumno deberá entregar o conxunto de prácticas de laboratorio suscitadas ao longo do curso. Ademais, deberá realizar un exame escrito no que se avaliarán os conceptos introducidos nas clases de laboratorio. Para a liberación da materia práctica o estudante deberá obter unha puntuación total igual ou superior a 5 puntos (sobre 10).
3) Realización seminario (40%): O estudante deberá realizar unha exposición oral (nunha data dentro da convocatoria de xullo, que será acordada co profesor) achega do tema que se lle asignou e sobre o que deberán haber traballado a partir dunhas referencias bibliográficas básicas. Ademais, deberá entregar un traballo escrito sobre o mesmo, xunto cun ou varios exercicios que permitan a aplicación práctica do explicado sobre polo menos dúas SGBD. Para a liberación desta parte da materia o estudante deberá obter unha puntuación total igual ou superior a 5puntos (sobre 10).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000