Esta materia encádrase no primeiro semestre do cuarto curso. Como requerimento previo, o alumno deberá ter cursado e superado as materias obrigatorias correspondentes á materia de Enxeñería do Software I e II, ademáis de ter coñecementos suficientes de programación, por ter superado algunha das asignaturas obrigatorias desta materia. Ten carácter de profundización na proba de verificación da implementación , así como na validación da especificación de requisitos. Nesta materia tratarase sobre todo de coñecer os principais métodos para a proba e verificación do software.