Guia docente 2012_13
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Validación e probas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Preparación e presentación en pequenos grupos dun tema relacionado coa materia. Na avaliación do traballo terase en conta o contido do traballo, a presentación oral do mesmo e a contextualización dentro da materia. Ademáis, avaliarase a capacidade do alumnado para calificar os traballos presentados polos compañeiros. 15
Prácticas de laboratorio Asistencia regular participación activa no laboratorio de prácticas. 2.5
Seminarios Asistencia regular participación activa nos seminarios. 2.5
Traballos e proxectos Realización de traballos de carácter práctico, nos que se apliquen os contidos teóricos e prácticos da materia. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de diferentes probas e actividades ó longo do curso que recollerán contidos de carácter teórico e práctico correspondentes á materia impartida durante as clases. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA CONVOCATORIA
[Asistentes]
Cualificación final = 0.15 * nota das presentacións/exposicións + 0.05 * nota por asistencia e participación (prácticas de laboratorio e seminarios) + 0.4 * nota dos traballos e proxectos + 0.4 * nota da resolución de problemas e/ou exercicios

[Non asistentes]
No caso dos non asistentes o traballo de presentacións/exposicións sutituirase por un traballo teórico que o alumno deberá entregar e defender ante o profesorado da materia.
Cualificación final = 0.15 * traballo teórico + 0.4 *
nota dos traballos e proxectos + 0.45 * nota da resolución de problemas
e/ou exercicios

SEGUNDA CONVOCATORIA
No caso da segunda convocatoria, o traballo de presentacións/exposicións
sutituirase por un traballo teórico que o alumno deberá entregar e
defender ante o profesorado da materia. A avaliación será a mesma para asistentes e non asistentes.

Cualificación final = 0.15 * traballo teórico + 0.4 *
nota dos traballos e proxectos + 0.45 * nota da resolución de problemas
e/ou exercicios

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000