Guia docente 2012_13
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Procesos software
   Competencias de titulación
Código Descrición
A8 Capacidade para planificar, concibir, despregar e dirixir proxectos, servizos e sistemas informáticos en tódolos ámbitos, liderando a súa posta en marcha e mellora continua e valorando o seu impacto económico e social
A19 Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos Sistemas de información, incluídos os baseados en web
A26 Capacidade para valorar as necesidades do cliente e especificar os requisitos software para satisfacer estas necesidades, reconciliando obxectivos en conflito mediante a procura de compromisos aceptables dentro das limitacións derivadas do custo, do tempo, da existencia de sistemas xa desenvolvidos e das propias organizacións
A27 Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles
A29 Capacidade de identificar, avaliar e xestionar os riscos potenciais asociados que puidesen presentarse
A30 Capacidade para deseñar solucións apropiadas nun ou máis dominios de aplicación utilizando métodos da enxeñería do software que integren aspectos éticos, sociais, legais e económicos
A31 Capacidade para comprender a contorna dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións
A32 Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construír, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hardware, software e redes, dentro dos parámetros de custo e calidade adecuados
A35 Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de custo e calidade identificados
A36 Capacidade de concibir sistemas, aplicacións e servizos baseados en tecnoloxías de rede, incluíndo Internet, web, comercio electrónico, multimedia, servizos interactivos e computación móbil
B1 Capacidade de análise, síntese e avaliación
B3 Comunicación oral e escrita na lingua nativa
B5 Capacidade de abstracción: capacidade de crear e utilizar modelos que reflictan situacións reais
B9 Capacidade de tomar decisións
B10 Capacidade para argumentar e xustificar loxicamente as decisións tomadas e as opinións
B11 Capacidade de actuar autonomamente
B13 Capacidade de integrarse rapidamente e traballar eficientemente en equipos unidisciplinares e de colaborar nun entorno multidisciplinar
B15 Capacidade de relación interpersoal
B16 Razoamento crítico
B18 Aprendizaxe autónoma
B19 Adaptación a novas situacións
B20 Creatividade
B22 Ter iniciativa e ser resolutivo
B24 Ter motivación pola calidade e a mellora continua
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000