Guia docente 2012_13
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Seguridade en sistemas informáticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación das competencias revisadas nas sesións de laboratorio relativas a seguridade en redes e sistemas operativos. Cada actividade proposta incluirá unha serie de cuestións teóricas e/ou comprobacións prácticas relacionadas co contido de cada práctica. A avaliación destes traballos farease mediante a realización e entrega dun "caderno de prácticas" onde se incuirán unha descripción breve das tarefas realizadas e a resposta ás mencionadas cuestións/comprobacións.
35
Proxectos
Avaliación das competencias revisadas no proxecto de programación con APIs criptográficas. Entregarase o cógido desenvolvido xunta con unha pequena memoria explicativa. Avaliarase a idoneidade e o uso eficaz das diversas técnicas criptográficas que sexa preciso empregar, xunto coa calidade da implementación realizada.
10
Traballos tutelados
Avaliación da memoria do traballo de investigación tutelado. Avaliarase a capacidade de síntese e a completitude e adecuada presentación das ideas e conceptos relativos ao tema escollido.
<br>
10
Presentacións/exposicións Avaliación da presentación do traballo tutelado. Avaliarase a capacidade de síntese e de comunicación das ideas másis relevante, así como o fomento da discusión e a defensa/aclaración das dúbidas ou cuestións presentadas. 0,5
Probas de resposta curta Proba escrita onde se avaliarán os contidos e competencias revisados nas sesións maxistrais e os aspectos teóricos da súa posta en práctica levada a cabo nas sesión prácticas. O tipo de proba consitirá nun conxunto de cuestións de resposta curta sobre conceptos concretos. A súa finalidade será comprobar a asimilación dos mesmos e a capacidade di alumnado para relacionar entre sí os diversos contidos teórico e técnicas presentados no curso. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

ACLARACIÓNS ADICIONAIS
- Para superar (e liberar) as "Probas de resposta curta" requírese acadar un 40% da puntuación máxima prevista para ese tipo de proba.
- Para superar (e liberar) as "Prácticas de laboratorio" e o "Proxecto" requírese acadar en conxunto un 40% da suma das puntuacións máxima previstas para ambas probas.
- Para superar a materia é preciso acadar os mínimos anteriores (en "Probas de resposta única" e en "Prácticas de laboratorio" + "Proxecto" ) e sumar na nota final un mínimo de 5 puntos.

CONVOCATORIA DE XULLO
Na convocatoria de xullo os alumnos só deberán de someterse a avaliación naquelas probas que non liberaran conforme aos mínimo indicados no apartado anterior, manténdoselle a nota que tiveran nos apartados liberados.
Nota: Dado que na convocatoria de xullo non é posible a avaliación de "Presentacións/exposicións", os alumnos que non fixeran a súa presentación no periodo de clases regular non poderán optar a contar con esa porción da nota.

AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES

No caso do alumnado non asistente o esquema de avaliación non incluirá o "Traballo tutelado" nin a "Presentación/Exposición".
A ponderación dos restantes métodos de avaliación será a seguinte:
- "Probas de resposta curta" : 50%
- "Prácticas de laboratorio": 35%
- "Proxecto": 15%
As "Prácticas de laboratorio" e o "Proxecto" serán individuais.
Para aprobar a materia requírese un mínimo do 40% da calificación máxima en cada un destes tres apartados e acadar unha nota mínima de 5 puntos.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000