Guia docente 2012_13
E. S. de Ingeniería Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Seguridade en sistemas informáticos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos previstos na guía docente da materia e discusión e consultas por parte do alumnado. Inclúense como parte destas sesión maxistrais actividades como estudo de casos prácticos e exemplos, presentación de estudos e/ou investigacións, revisión e avaliación de ferramentas de seguridade.
Prácticas de laboratorio Traballos prácticos a realizar no laboratorio de prácticas. Tratarase dunha colección de exercicios guiados (individuais ou en parellas) relacionados fundamentalmente coas competencias vinculadas á administración segura de sistemas operativos e redes. Consistirán na revisión de diversas ferramentas de seguridade e do seu uso en entornos similares aos reais. A avaliación destas prácticas realizarase mediante cuestionarios (tanto teóricos como experimentais) específicos para cada unha de elas.
Proxectos Proxecto práctico de programación de entidade media-baixa. Traáarase un exercicio individual ou en parellas relacionado coas competencias vinculadas ao uso de ferramentas criptográficas. Consistirán na implementación dunha pequena aplicación que faga uso de APIs criptográficas de uso habitual. A avaliación deste proxecto comprobará o coñecemento e uso adecuado dos algoritmos criptográficos vistos nas sesións maxistrais, requerirá a entrega dunha pequena memoria.
Traballos tutelados Pequeno traballo de investigación, individual ou en parellas, relacionado con aspectos da seguridade informática non incluidos nos contidos principais da materia. A temática pode ser proposta polo alumnado ou polo profesor. Trátase dun traballo autónomo que contará coa titorización puntual do profesorado. O resultado do traballo plasmarase nunha memoria coa estrutura que se determine xunto cunha presentación pública nas sesión presencias da materia.
Presentacións/exposicións Presentación pública e discusión dos aspectos máis relevantes e conclusión do traballo tutelado realizado polo alumno/s. Na temporización desta actividade inclúese a asitencia e participación nas presentacións realizadas por outros alumnos dos seus traballos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000