Guia docente 2012_13
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Hardware de aplicación específica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Nas clases de 'grupo grande' combinaranse as leccións maxistrais con clases de tipo participativo baseadas en preguntas, cuestións e exercicios prácticos. Para a exposición dos conceptos teóricos utilizarase tanto o proxector de vídeo como o encerado.
Proxectos Ao longo do curso propoñerase aos alumnos a realización dunha serie de proxectos. Cada proxecto consistirá basicamente no deseño, implementación e/ou simulación dun circuíto que realice unha determinada tarefa. Na plataforma TEMA da Universidade de Vigo (http://faitic.uvigo.es) publicarase oportunamente todo o material necesario para a realización dos distintos proxectos, incluído o seu enunciado. A realización de cada proxecto implicará obrigatoriamente o uso dunha serie de compoñentes electrónicos que se detallan no enunciado de cada proxecto. Nas clases de teoría impartiranse os conceptos básicos necesarios para realizar os distintos proxectos. Os alumnos deberán complementar a información recibida nas clases de grupo grande co estudo, durante as horas destinadas a actividades non presenciais, de diversos temas relacionados específicamente con cada proxecto. Os alumnos poderán consultar aos profesores da materia calquera dúbida acerca dos proxectos, tanto nas horas de titorías como durante as clases. A implementación e/ou simulacion dos distintos proxectos levarase a cabo únicamente no laboratorio de Electrónica e só durante as clases de grupo reducido (ver horario oficial do curso en http://www.esei.uvigo.es). Durante devanditas clases o profesor expoñerá todos aqueles conceptos que estime necesarios para a correcta montaxe, verificación e comprensión do funcionamento dos circuítos por parte dos alumnos. As normas relativas a realización dos proxectos son as seguintes:
1) Os alumnos non terán acceso ao laboratorio fóra das horas asignadas aos grupos reducidos no horario oficial do curso (consultar http://www.esei.uvigo.es).
2) Non se poderán recuperar proxectos, salvo en casos suficientemente xustificados e sempre a xuízo dos profesores da materia. Os profesores poderán pedirlle a un alumno que explique a solución que propuxo a un proxecto. Si a xuízo dos profesores a resposta non é correcta, o proxecto non se dará por realizado.
Traballos tutelados Ao longo do curso propoñerase aos alumnos unha serie de traballos que deberán realizar durante as horas destinadas a actividades non presenciais. No enunciado de cada traballo indicarase o lugar e a data límite de entrega do mesmo. Durante as horas de titorías, os alumnos poderán consultarlle aos profesores da materia calquera dúbida sobre a realización dos traballos suscitados. Non se recollerá ningún traballo fora do prazo fixado, salvo nos casos convenientemente xustificados e sempre a xuízo dos profesores da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000